Novas

Ale de Paz e Elena volven á Selección

Xan 2, 2025

Día 2 de xaneiro de 2025 e xa temos a primeira boa nova do ano. Porque o feito de que sexa habitual non significa que lle demos menos importancia. Unha vez máis, o Poio Pescamar ten representación na Selección Española, mediante Ale de Paz e Elena.

Cabe lembrar que entramos no ano do que será o primeiro mundial de fútbol sala feminino, en Filipinas, cuxa fase de clasificación arrincará en marzo. Nesta convocatoria, dos días 12 ó 16 de xaneiro, repiten as mesmas futbolistas conserveiras chamadas por última ocasión (en novembro, xa que en decembro non tivemos representación).

Para Ale de Paz é la cuarta vez, das cinco que van de momento, que acude esta tempada con La Roja. Para Elena, a segunda, despois do seu debut en partido con España en novembro.

CATEGORÍA: Novas