Na previa do partido desta fin de semana, seguindo co formato concurso sobre o rival, temos a Luísa e a Dani Sousa moi animadas e cun desafío personal de “petelecos”. O domingo ás 12h, recuperamos o encontro aprazado o 9 de xaneiro, de oitavos de final de Copa, ante o Sala Zaragoza no Pabellón Siglo XXI. Todo apunta a que, como a campaña pasada, o que avance entrará na final a oito.
A viaxe será de madrugada, partindo á unha da mañá dende Poio e viaxando en bus de noite. Así, pasaremos a tarde en Zaragoza, facendo noite para estar o máis descansadas posibles para a desputa dun choque crucial na tempada. Volve á convocatoria Jane, de forma que toda a plantilla está disponible.
Esta finde, dedicada á Supercopa de fútbol sala tanto masculina coma feminina, será aproveitada polos demáis clubes para recuperar partidos pendentes, como é o noso caso. Tras este, só nos quedará por completar o derbi en Burela, que por covid tívose que adiar o 12 de febreiro, correspondeente á xornada 17.