Novas

Recepción oficial na Deputación de Pontevedra

Xuñ 3, 2022

Onte, xoves día 2 de xuño, fumos recibidas en acto oficial pola Deputación de Pontevedra, en concreto, por Gorka Gómez, o seu responsable de deportes. O motivo, a consecución da nosa terceira Copa Galicia, así como do título de liga por parte do equipo infantil feminino, que ademais participará no Campionato de España que organizaremos precisamente aquí, na Seca.

Esta acción serve para seguir loitando pola mellora e o impulso do deporte feminino e os sus dereitos. En palabras do propio Gorka Gómez, “equiparando as axudas entre equipos masculinos e femininos“, facendo alusión ó respaldo económico da institución, aínda que concluíu que seguen esforzándose para iso e que todavía “non ocupades o espazo que merecedes e nós temos que poñervos no foco“. Sen dúbida, estas celebracións e a súa publicación nos medios, son un punto máis a favor do desenvolvemento do fútbol sala e da igualdade, dando eco para que afeccionados e patrocinadores incrementen o seu interés e o apoio que tanto se precisa en calquera clube coma o noso, que vive dese propio arraigo e simbiose coa comunidade local.

Tamén supuxo unha forma de dar impulso para os dous partidos de liga que restan en Primeira División, nos que temos en xoego entrar por primeira vez na nosa historia no playoff polo título.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Copa Galicia