Novas

Recepción oficial co noso patrocinador ENCE

Mar 25, 2024

O pasado venres 22 de marzo realizamos unha visita á biofábrica de ENCE, destacado patrocinador do club mediante o proxecto do seu Plan Social en Pontevedra. O persoal da instalación ofreceunos un tour e unha presentación do proceso de traballo que alí elaboran.

Pola nosa parte, quixemos obsequiarlles cun cadro no que está a camiseta oficial da nosa 2ª equipación, dedicada a ENCE, xunto coa medalla de subcampioas da Supercopa de España en Torremolinos, Málaga. Na imaxe, fai a entrega Lino, da nosa directiva.

CATEGORÍA: Novas