Novas

O plantel péchase coa renovación de Agostina

Ago 17, 2022

A nosa outra internacional arxentina, Paula Agostina Chiesa, de 33 anos, tamén renova, sendo a integrante coa que o equipo queda pechado esta tempada.

 

Ocupando a posición de á, na pasada liga anotou cinco goles e, coma Dupuy, é peza importante no conxunto dende a súa chegada.

 

Ambas xogadoras arxentinas, xunto con Luci, serán as máis veteranas no vestiario, só superadas por Irene e Dani Sousa.

 

Moita sorte, Agos!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Agostina · Renovacións