Unha das nosas máis ilustres integrantes renova para a próxima campaña. Ale de Paz (Neda, 25/05/1995) vestirá o color vermello por sexta tempada, a segunda seguida.
A internacional española, dobre campioa de Europa, é tamén a nosa futbolista con máis títulos, ó levantar tres das catro Copas Galicia da entidade conserveira. Disputou 39 dos 40 partidos nos que foi convocada no pasado curso, sendo titular en 32. Con 13 tantos e 8 pases de gol, concluíu como terceira máxima anotadora e segunda mellor asistente (igualada con Laura Uña) do equipo. En liga firmou 12 goles, mentras que o uotro selouno na Supercopa.
Sigamos escribindo a nosa historia, Ale!