A primeira peza do Poio Pescamar 2026 / 2027 non podía ser outra. A capitá, Alejandra de Paz González (Neda, 25/05/1995), sumará a súa oitava tempada como conserveira, a cuarta consecutiva (a súa primeira etapa transcorreu entre 2015 e 2019). E haberá unha novena, pois asinou ata 2028.
A historia vermella non se entende sen ela, xa que serán, cando menos, catorce campañas en Primeira División as do club, estando Ale presente en oito delas. Con tres das catro Copas Galicia que posúe o club, é a xogadora que máis títulos conquistou na nosa entidade, sen esquecer que é dobre campioa de Europa con España, ademais de conseguir recentemente o bronce no primeiro Mundial oficial. Ademais, no curso que vén de rematar, converteuse na futbolista que máis veces vestiu a nosa camiseta, acumulando un total de 238 partidos (superando os 223 de Irene García). E ten ao seu alcance converterse na máxima goleadora histórica do club.
Nesta última tempada, a primeira como capitá, Ale de Paz foi a máxima goleadora do equipo, destacando que é o ano no que máis tantos anotou como conserveira (22, 18 deles en liga, superando os 17 que marcara na campaña 2016 / 2017). Entre goles e asistencias, acumulou 30 participacións directas en gol. Estes foron os seus datos totais:
- Convocatorias: 38
- Partidos disputados: 37
- Titularidades: 30
- Goles: 22
- Asistencias: 8
- Tarxetas amarelas: 1
- Tarxetas vermellas: 0
Nos seus sete cursos aquí, o seu balance é:
- Convocatorias: 245
- Partidos disputados: 238
- Titularidades: 111
- Goles: 95
- Asistencias: 27 (dato desde 2023)
- Tarxetas amarelas: 23
- Tarxetas vermellas: 0
Máis alá dos números, a súa implicación co club e coas categorías base converten a Ale nun referente para todos, grandes e pequenos.
Sigamos escribindo xuntas a historia conserveira!

