Novas

Chuli e o Poio, vinculados ata 2028

Xul 5, 2026

Carmen Noreña Rodríguez, Chuli (Santander, 18/10/2000), amplía por dous anos máis a súa vinculación co club.

Na súa segunda campaña en Poio volveu formar parte do 100 % dos partidos posibles (nesta ocasión xunto a Pedreira e Débora). A súa regularidade traduciuse en 17 goles, que a converten na segunda máxima goleadora do equipo no curso 2025/2026, só por detrás de Ale de Paz (22) e igualada con Rafa Pato. Curiosamente, son os mesmos tantos que acadou na tempada do seu debut como conserveira, na que tamén rematou como segunda máxima goleadora.

Así, Chuli pechou o ano cos seguintes números entre todas as competicións:

  • Convocatorias: 39
  • Partidos disputados: 39
  • Titularidades: 14
  • Goles marcados: 17
  • Asistencias: 6
  • Cartóns amarelos: 10
  • Cartóns vermellos: 0
CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Chuli · Renovacións