O barco vermello seguirá capitaneado pola pívot brasileira Dani Sousa. Cumprirá así a súa quinta tempada completa na Seca e será a súa sexta participación en Primeira División, xa que debutou en abril de 2018 para finalizar ese curso.
Con 20 goles, foi a pichichi do conxunto conserveiro e oitava máxima goleadora da pasada liga. A súa presenza no cinco inicial foi constante e nestes anos convertiuse nunha das referentes no posto de pívot en España.
Por todo isto e o seu traballo no día a día, aquilo que non sae nas estatísticas, o club non dubidou en establecer a súa continuidade. Bora Dani!