Elena González de Pablos vai pola súa cuarta tempada no Poio Pescamar.
A gardameta segoviana de 26 anos callou outra excelente campaña, disputando 27 partidos, de 37 posibles (24 como titular), entre as catro competicións nas que participou o club, encaixando 48 goles. En liga o balance foi de 22 duelos no campo (20 no quinteto inicial), 39 tantos recibidos e 3 tarxetas amarelas.
Ademais, fíxose un oco na Selección Española, convertíndose nunha habitual nas convocatorias, logrando unha histórica clasificación para o Mundial que terá lugar a final de ano, o primeiro organizado oficialmente pola FIFA.

