Elena González de Pablos (Segovia, 01/01/1999) únese ó club das renovacións por dúas tempadas máis (xunto a Luis, Ale de Paz e Bravo, de momento).
A gardameta, titular con España no primeiro Mundial oficial da historia, no que conquistou o bronce, tamén é unha das capitás do vestiario, xa que acumula catro tempadas en Poio, que serán seis (cando menos). De feito, é a segunda gardameta que máis veces defendeu a nosa portería, só por detrás dun mito conserveiro como é Silvia Aguete (ambas son as únicas porteiras que superan o centenar de partidos).
No curso 2025 / 2026 sumou:
- Convocatorias: 36
- Partidos disputados: 32
- Titularidades: 29
- Goles encaixados: 62
- Goles marcados: 1
- Asistencias: 0
- Cartóns amarelos: 2
- Cartóns vermellos: 0
En total, desde a súa chegada a Poio en 2022, acumula:
- Convocatorias: 149
- Partidos disputados: 109
- Titularidades: 99
- Goles encaixados: 187
- Goles marcados: 2
- Asistencias: 3
- Cartóns amarelos: 6
- Cartóns vermellos: 0
Tamén cómpre destacar que Elena estivo nomeada a mellor porteira do mundo de 2025 polo portal especializado Futsal Planet.

