Novas

A potencia de Elena Aragón quédase

Xul 10, 2024

Elena Aragón de la Torre (Chiclana de la Frontera, Cádiz, 25/09/1995) mantense no groso de xogadoras que cumprirán tres anos nas nosas filas.

A chiclanera é unha das tres integrantes que xogou todos os partidos da pasada tempada (xunto a Martita e á xa ex conserveira, Rocío Gómez). Deses 40 duelos, en 6 comezou de inicio. En total sumou 6 goles e 4 asistencias (o curso 2022 / 2023 finalizouno con 9 tantos), todo en liga agás 1 asistencia en Copa da Raíña. Como curiosidade, foi a nosa futbolista que máis tarxetas amarelas recibiu na campaña (13). Ademais, gañou as dúas últimas edicións (de tres) do noso concurso de preguntas entre o plantel (o dato máis importante).

Un pracer terte de novo en Poio, Elena!

CATEGORÍA: Comunicados