Novas

Èlia, goleadora na segunda volta e renovada

Xuñ 4, 2025

Repetirá en Poio tralo seu primeiro ano Èlia Gullí Martínez (Tarragona, 14/6/2000). A ala catalá, que tivo un comezo de curso marcado polas lesións (debutou na novena xornada), despuntou na segunda volta do campionato. De feito, foi a máxima goleadora en liga dende a 16ª xornada con 8 tantos, seguida de Laura Uña con 7 e Chuli con 6.

Así, tras ir gañando peso nos quintetos titulares e minutos sobre a pista, acumulou entre Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia:

  • Convocatorias: 32
  • Partidos xogados: 24
  • Titularidades: 13
  • Goles: 11
  • Asistencias: 3
  • Tarxetas amarelas: 2
  • Tarxetas vermellas: 0
CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Èlia · Renovacións