Èlia Gullí Martínez (Tarragona, 14/06/2000) e o Poio Pescamar acordan a renovación da vinculación entre ambas as partes por dúas tempadas máis.
Èlia foi recentemente operada do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, polo que xa comezou o seu proceso de recuperación. A mala sorte cebouse con ela no primeiro partido da semifinal polo título de liga, tras completar unha gran tempada, premiada co seu debut na Selección Española en febreiro de 2026. Coa camiseta vermella disputara todos os partidos posibles (38), 17 como titular, marcando 11 goles e repartindo 1 asistencia.
Entre as dúas campañas que leva defendendo as cores do club poiense, acumula:
- Convocatorias: 70
- Partidos disputados: 62
- Titularidades: 30
- Goles marcados: 22
- Asistencias: 4
- Cartóns amarelos: 6
- Cartóns vermellos: 0

