O club Poio FS e Estrella Galicia selaron esta mañá no pavillón da Seca a renovación do patrocinio por dúas tempadas máis.
Ó acto acudiron a nosa presidenta, Olalla, as capitás Irene García e Martita, así como o promotor da compañía, Alberto Amiama.
A presidenta vermella asegurou que “contar co apoio dunha empresa do nome de Estrella Galicia motívanos a seguir crecendo. Rodeándonos dos mellores, lograremos alcanzar as metas ambiciosas que desexa o club”.
Pola súa parte, Manuel Eiroa, responsable de patrocinios deportivos Iberia de Estrella Galicia, comunicou que “Dende Estrella Galicia estamos orgullosos de patrocinar ó Poio FS. Sen dúbida un equipo aguerrido que pon o nivel do fútbol sala no máis alto a nivel nacional. Continuamos así o noso apoio co obxectivo de acompañar ó club no camiño, desexando todos os éxitos no futuro”.