Novas

Irene será a máis veterana do equipo

Xul 10, 2023

Sexta tempada para Irene na casa conserveira tras confirmarse a súa renovación. A de Valladolid convértese na futbolista con máis campañas en Poio ás súas costas no actual plantel e con tan só 23 anos.

Sen dúbida, a relación de crecemento entre a peche e a entidade vai da man, posto que canto maior é a esixencia do club para optar a metas máis altas, máis demostra Irene sobre as pistas o seu compromiso, talento e traballo. Ademais, aportou tres goles no pasado curso.

Vémonos tralas vacacións!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Irene · Renovacións