Novas

Luis López-Tulla liderará o proxecto na próxima campaña

Xuñ 11, 2023

Luis López-Tulla sumará a súa segunda campaña no Poio Pescamar FS. Despois de que na súa primeira experiencia como adestrador principal colleitase os mellores resultados da nosa historia, o técnico madrileño de 27 anos encabezará o plantel da próxima tempada.

Unha bagaxe (entre Liga, Copa da Raíña e Copa Galicia) de 25 vitorias, 6 empates e 5 derrotas, así como o noso primeiro playoff polo título dunha liga na que rematamos segundas (etapa regular de 30 xornadas), como equipo menos goleado, avalan o magnífico traballo de Luis, incluíndo a gran conexión con vestiario e afección.

CATEGORÍA: Comunicados