Novas

Marta Peñalver continúa e pecha o apartado de renovacións

Xul 12, 2023

Última renovación confirmada respecto do plantel do curso pasado. Marta Peñalver (San Javier, Murcia, 12/7/1992) continuará formando parte do bloque conserveiro para a próxima campaña.

A futbolista, inmersa no proceso de recuperación da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, demostrou un altísimo nivel ata a súa lesión na xornada 20 de liga. Nese momento era a nosa máxima goleadora con 15 tantos (14 en liga e 1 en Copa da Raíña). Malia non poder estar presente na recta final da tempada, rematou como terceira maior anotadora do equipo.

Agardámoste na Seca cando estés recuperada!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Marta · Renovacións