Martita renova un ano máis e serán tres os que pertenza á entidade conserveira. Despois dun ano no que acumulou máis protagonismo que nunca e incluso debutou coa selección española, a coruñesa de 22 anos será unha das tres xogadoras que máis tempo seguido sume no club, xunto a Irene e Anna.
Na recén rematada campaña, ademais de prodigarse como peche, anotou 4 goles en liga e 1 en Copa da Raíña.
Seguimos xuntas, Martita!