Novas

Un curso máis con Martita no grupo

Xuñ 30, 2024

Non é unha renovación, pois era unha das dúas futbolistas que xa tiñan contrato para a próxima campaña. Marta López-Pardo González-Tejero, máis coñecida como Martita (A Coruña, 19/03/2001), vestirá de vermello por cuarta tempada.

Pese á súa xuventude, no recentemente finalizado curso formou parte das capitás e como tal exerceu na pista. Foi unha das tres xogadoras que participou nos 40 partidos de competición oficial, acumulando 37 titularidades (a que máis, xunto a Laura Uña). Ademais, asinou 6 goles e 2 asistencias, todo en liga, superando a cifra de 5 goles marcados na campaña anterior.

Vémonos un ano máis na Seca, Martita!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Martita · Renovacións