Novas

Quinta campaña de vermello para Martita

Xuñ 3, 2025

Asentouse coma un referente no esquema de Luis López-Tulla e, por tanto, sela a súa renovación unha vez máis (ademais de ser unha das capitás do equipo). Martita (A Coruña, 19/03/2001) continuará por quinta tempada no Poio, converténdose na xogadora que máis cursos seguidos permanece actualmente na entidade xunto a Anna Escribano.

A peche coruñesa completou as seguintes cifras no curso que acaba de rematar, entre Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia:

  • Convocatorias: 37
  • Partidos xogados: 36
  • Titularidades: 35
  • Goles: 8
  • Asistencias: 10
  • Tarxetas amarelas: 4
  • Tarxetas vermellas: 0

Estes números fana a futbolista con máis quintetos iniciais do vestiario e a segunda con máis pases de gol, por detrás de Ale de Paz (11). Tamén é a súa campaña con máis goles e asistencias, dos que salvo un, en cada caso, todos foron en liga.

A maiores, Martita foi convocada pola Selección Española Sub-23, formando parte da primeira lista ó ser de nova creación. En 2022 fora solicitada pola absoluta.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Martita · Renovacións