Novas

Renovación do Plan de Patrocinio para Equipos de Alta Competición de Galicia

Xan 16, 2025

O pasado 14 de xaneiro celebrouse no Salón de Actos do Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a presentación do convenio de patrocinio entre a Xunta e Abanca para equipos de alta competición galegos.

O club Poio Pescamar FS acudiu representado pola súa presidenta, Olalla Folla Barros, como un dos integrantes deste plan dende a súa primeira edición e que agora cumpre 15 anos. O convenio queda renovado por un lustro máis, nos que a entidade bancaria aportará 7 millóns de euros.

Ó acto tamén acudiron personalidades como Alfonso Rueda, presidente da Xunta, e Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, así como Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de Abanca.

Sen dúbida, é unha gran noticia que a colaboración público-privada se manteña como un dos pilares para o deporte galego, que a tan gran nivel está rendindo.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Abanca · Xunta