Novas

Sandra Buzón únese ó grupo de renovadas

Xul 11, 2024

Máxima estabilidade para a nosa portería. Sandra Buzón Camus (Santander, 25/11/1996)  tamén renova e formará parella xunto a Elena por terceira campaña seguida.

Un ano máis, a nosa defensa volveu destacar, sendo o segundo equipo menos goleado na fase regular da liga (55 tantos encaixados, por 52 do Burela). Unha cifra que se coloca como terceiro curso con menos goles recibidos en Primeira División (igualado co 2016 / 2017 e co 2019 / 2020, aínda que este último rematou antes de tempo pola pandemia). Por todo isto, a portería mantense unha vez máis con Sandra Buzón, que na pasada tempada disputou 12 partidos, todos de titular, recibindo 22 goles. Tamén aportou 1 asistencia. A única competición na que non participou foi na Supercopa.

Os reflexos de Sandra seguen en Poio!

CATEGORÍA: Comunicados