Comezou o mes de abril xusto en fin de semana e, con el, continuou a competición das Escolas Deportivas. Os únicos que non se vestiron de curto, os máis pequenos, pois ambos partidos dos nosos biberóns, correspondentes á última xornada de liga, foron adiados.
Sénior:
- Vitoria histórica na Primeira División ante o Rayo Majadahonda, pois supón os récords de máis triunfos nunha soa campaña e máis puntos sumados. E todo isto na xornada 23, na cal, ademais, recurtamos tres puntos ó líder.
- Derrota importante para o filial contra o Balaídos CF, rival directo pola permanencia, que nos adianta na táboa a falta de catro xornadas.
- Empate do sénior masculino en casa fronte ó Celado – Concello de Mos, que vai segundo, pero que supón a terceira xornada sen gañar. O equipo cae á cuarta praza, aínda que se mantén a sete puntos do primeiro clasificado, cun partido menos.
Cadete:
- Tres puntos máis en Liga Galega para o masculino A contra o CD Beade. Con dous partidos por diante, o oitavo posto asemella máis preto.
- Con contundencia e a domicilio superou o cadete masculino B ó segundo, CD Miralba, para confirmar o primeiro posto no grupo terceiro de Primeira Autonómica a falta dunha xornada.
- Volveu vencer con claridade o cadete feminino, esta vez ó Ourense CF, para manter impoluto o seu camiño na primeira fase da Copa.
Infantil:
- Rematou a liga o masculino con vitoria en casa do CED Cotobade. Con 12 puntos, finalizan en sétimo lugar.
- Igualada do feminino na súa visita ó Marín Futsal, que lle serve para pechar o primeiro posto do grupo nesta primeira fase da Copa.
Alevín:
- Vitoria para O Bocoi alevín masculino A fronte ó Marín Futsal C que lle mantén cos mesmos puntos que o líder a falta dun partido por desputarse.
- Derrota para o alevín mixto B na súa visita ó Marín Futsal B. Pecha a fase regular no grupo 2 de Primeira Autonómica con 4 puntos.
Benxamín:
- Gañou o A3Nudos ó Leis Pontevedra pola mínima, tamén no seu último partido de liga, quedando terceiro do grupo 2.
Prebenxamín:
- Derrota do prebenxamín A ante o Marín Futsal na penúltima xornada.
- Triunfo do prebenxamín B na pista do A.D Sagrado que lle permitirá loitar por subir un chanzo máis na última data de liga.