Novas

Resultados 11 – 12 Febreiro 2023

Feb 13, 2023

Rematada unha xornada máis, debullamos os marcadores das Escolas Deportivas:

 

  • Terceira vitoria consecutiva na Primeira División, cun moi sufrido 3 – 4 en Móstoles no que Marta Peñalver anotou os catro tantos das nosas. Caso contrario para o filial, que perdeu por terceiro partido seguido, exercendo como local en Vilaboa ante o Atlético Arnoia e cae a postos de descenso. Tamén vive un bo momento de forma o sénior masculino, que enlaza a súa cuarta vitoria e é terceiro, a dous puntos do líder. Venceu en Cuntis, con contundencia.
  • En cadetes, sexta derrota en sendos últimos encontros para o masculino A, que non puido cortar a mala xeira na súa visita ó Marín B. Si houbo reparto de puntos entre Marín C e Poio Pescamar B no grupo de 3ª División na Primeira Autonómica. Ata este momento, o equipo vermello levaba pleno de triunfos, polo que segue liderando o grupo. Respecto ó cadete feminino, tres puntos máis cunha abultada vitoria ante o Redondela FS. Manteñen catro de vantaxe sobre o segundo clasificado a falta de tres xornadas.
  • Dobre revés en infantís. O masculino caeu por 8 – 4 en Bueu, quen lidera a categoría. O feminino, xa campión do seu grupo, cedeu a única derrota na última xornada en casa do Carballiño FS. Volverá competir en Copa, no Grupo A da 1ª Fase.
  • Cun axustado 1 – 2 gañou O Bocoi alevín A na pista do Bueu B, situándose colíder. No grupo 2 da Liga Regular, onde está encadrado o alevín mixto, tocou derrota na visita ó CD La Peña.
  • Mesmo resultado de 1 – 2, pero en contra, para o equipo benxamín ante o Cotobade no pavillón do colexio de Lérez.
  • Segundo duelo sen puntuar para o prebenxamín A no Grupo 1 da Liga Regular, logo de caer ante o Saraiba do Mar. Pola súa parte, o prebenxamín B venceu ante o Sagrado B e colidera o Grupo 2.
  • En biberóns, dobre vitoria por 0 – 4 dos nosos dous conxuntos, ante La Peña e Pontevedra CF.
CATEGORÍA: ED Poio