Novas

Resultados 11 – 12 Marzo 2023

Mar 13, 2023

Primeira xornada de descanso para o noso equipo da máxima categoría polo parón ligueiro, á par que se adiaron por malas condicións das pistas de xogo os partidos do infantil feminino, benxamín e biberón A. Os restantes resultados foron:

Sénior:

  • Espectacular vitoria do masculino, que defendía o liderato recén adquirido, en casa do Valladares B, remontando un 4 – 2 con gol no último minuto (4 – 5). Ademais, é a oitava de forma consecutiva.
  • O filial do feminino volve puntuar despois de catro derrotas, cun empate a tres goles en Lourido ante a SD A Gaiola, rival directo pola permanencia, aínda que o triunfo escapou, neste caso, no minuto 39.

Cadete:

  • Reencontro cos tres puntos para o masculino A, que superou ó Leis Pontevedra. Recupera así a oitava posición, logo de oito partidos nos que só sumou un punto.
  • Gañou pola mínima o masculino B ó CCR Cabral e achégase todavía máis ó campionato deste Grupo 3º da Liga Regular.
  • Rematou, cun triunfo en casa da Balona Linense, a liga do cadete feminino no grupo sur. Nada máis e nada menos que 50 puntos de 54 posibles (só cederon dous empates). O torneo ligueiro definirase despois da desputa da Copa e o noso rival do grupo norte, en semifinais, será o Viaxes Amarelle.

Infantil:

  • Derrota por un gol do masculino fronte ó Marín Futsal C, equipo que nos precede na táboa. Toca defender o sétimo posto cando queda un partido por xogar.

Alevín:

  • Vitoria, con remontada, do noso equipo A, patrocinado por Bodega O Bocoi, na súa visita ó Saraiba do Mar B, moi importante para manterse primeiros no Grupo 1 da Liga Regular.
  • No Grupo 2, derrota do alevín mixto contra o Marín Futsal D.

Prebenxamín:

  • Caeu o prebenxamín A no colexio de Lérez ante o CD La Peña no Grupo 1.
  • Tampouco puido sumar ningún punto o prebenxamín B no Grupo 2 da Liga Regular tras perder fronte ó Saraiba do Mar B.

Biberón:

  • Triunfo pola mínima do equipo patrocinado polo Colexio SEK, contra Saraiba do Mar, coa que seguen en terceiro lugar na clasificación.
CATEGORÍA: ED Poio