Trece dos equipos que forman o clube tiveron partidos a pasada fin de semana. Inclusive houbo un entre eles, como foi na nosa categoría máis pequena, onde o Biberón A e o B se enfrentaron entre si.
En canto ás maiores, derrota en casa fronte ó Roldán pola mínima, desas que doen. Pese a todo, o equipo mantense en cuarto lugar, con 33 puntos. A xornada 21 será o 2 de Abril visitando ó Universitat d´ Alacant, pero é probable que antes se dispute o partido adiado en Burela.
Tamén saldaron os seus duelos con derrota o sénior masculino e o infantil feminino, mentras que o xuvenil masculino B colleitou a única igualada.
Polo demáis, sete vitorias entre as que destacamos a do xuvenil masculino A en casa do Santiago Futsal na liga de ascenso a División de Honor, que agora mesmo lideran.