Novas

Resultados 13 – 14 Maio 2023

Mai 15, 2023

Fin de semana para seguir vivos en varias competicións ou, nalgún caso, para pechar a tempada oficial. Imos debullando resultados:

Sénior:

  • Cun gol a falta de 15 segundos, Luci evitou a derrota ante o Melilla en Primeira División (2 – 2). O empate afástanos do liderado, agora a tres puntos, mentras o Burela colócase a só dous de nós.
  • Derrota por 2 – 0 do filial en casa do Cidade de Pontevedra. Cun partido por diante, mínimas son as opcións de permanencia en Preferente, sobre todo despois do descenso en Segunda División doutro club galego, o 5 Coruña.
  • Empate a tres goles do sénior masculino, tras un 3 – 0 a favor do Leis Pontevedra B, nun duelo directo pola fase de ascenso. O outro equipo involucrado, o Campito Chapela B, visitará A Seca nunha apaixoante última xornada na que o empate clasificaríanos para dito playoff.

Cadete:

  • Non tivo competición o masculino A, ó que lle tocan cuartos de final de Copa Federación esta semana.
  • Nova vitoria do masculino B en Copa Delegación, rematando primeiros do seu grupo e clasificando para cuartos de final.
  • Derrota por 4 – 3 do cadete feminino na final de liga galega ante a Escola Futsal Morrazo. Para resarcirse quédalles a Copa, na que están en semifinais.

Infantil:

Alevín:

  • Descanso en Copa para o alevín A, tamén primeiro de grupo, como o infantil. Aproveitou para desputar un amistoso co Marín Futsal, que venceron os branquiazuis.
  • Triunfo para pechar a tempada do alevín B contra La Peña. O terceiro posto no grupo non permite seguir na Copa, polo que a competición oficial remata esta campaña.

Benxamín:

  • Punto final do curso tamén para os benxamíns, que caeron en casa ante o Marín Futsal, quedando eliminados da Copa.

Prebenxamín:

  • Vitoria do prebenxamín A ante a A.D Sagrado B. O terceiro chanzo no grupo A da Copa non permite avanzar, finiquitando así o ano de competicións.
  • Idéntico sendeiro para o prebenxamín B. Gañou ó SCD Salcedo e acaba terceiro no grupo B de Copa.

Biberón:

  • Descanso para o biberón A, que finaliza primeiro de grupo no torneo copeiro e avanza a semifinais.
  • Vitoria agridoce do biberón B ante o SCD Salcedo, posto que queda eliminado da Copa e acaba así a súa tempada.
CATEGORÍA: ED Poio