Novas

Resultados 14 – 15 de Maio

Mai 16, 2022

No foi a xornada con máis partidos, pero abofé que tiñan moito en xogo. Sete foron os equipos do clube conserveiro que competiron entre sábado e domingo, cos seguintes resultados.

Vitoria absolutamente crucial do feminino de Primeira División no derbi en casa do Ourense Envialia. Con Juan Carlos Argibay no banco e Manu Cossío na bancada, cumprindo o seu último partido de sanción pola expulsión ante Melilla, as futbolistas souberon dalo mellor e deixar atrás as malas sensacións de Majadahonda. Así, a falta de catro xornadas, o equipo segue en postos de playoff.

Terceira derrota consecutiva para o sénior masculino, que recibía ó Beade, un dos candidatos a alzarse co título de liga cando só restan dúas datas de competición. A escadra vermella mantense en 13º lugar.

Tamén caeu por terceira vez seguida o xuvenil masculino A, que está pasando por un mal momento na súa loita polo ascenso á División de Honra. Na súa visita a Guitiriz, viron como se escapaban os puntos tras remontar o conxunto local un 0 – 2. Evidentemente, a xesta non ía ser fácil, pero os rapaces dependen de si mesmos para lograla, xa que seguen en primeira posición.

Para o xuvenil masculino B, derrota en campo do Anpabal Magope que lle deixa segundo de grupo na Copa Federación. Este posto clasifícaos a cuartos de final, nos que visitará ó O Castro British School B.

En cadetes, rematou a tempada para o masculino A ó caer ante o IES Coruxo B. Este resultado sitúaos en terceiro lugar no seu grupo de Copa Federación, sen poder acceder ós cuartos de final. En cambio, o cadete masculino B venceu na súa visita á E.D. Dr. Fleming e remata primeiro no seu grupo de Copa Delegación. Agora, medirase en cuartos de final ó EDM Salceda.

Por último, tamén pechou a súa campaña o equipo benxamín, que tiña que ser primeiro de grupo para avanzar a semifinais de Copa, pero non puideron puntuar ante o Marín Futsal C.

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Resultados