Avanzan as competicións e remata unha nova xornada de fútbol sala para os equipos do noso club, resumidos da seguinte forma:
Dous empates e unha derrota é a bagaxe en categoría sénior. Estableceu táboas o feminino de Primeira División na súa visita ó Burela, un dos eternos favoritos a todo. A igualada significa pechar a mellor primeira volta da nosa historia con 40 de 45 puntos no peto, aínda que se trunca a tamén histórica xeira de vitorias consecutivas, que termina en doce. O filial, pola súa parte, competiu dignamente pero caeu pola mínima (3-2) en casa do Terra de Celanova. En canto ó masculino, o derbi e partidazo ante outro candidato ó título como é o Leis Pontevedra B, finalizou con 1-1.
En cadetes, derrota do Colegio Sek na visita ó CD La Peña no inicio da segunda volta de competición. O cadete masculino B venceu ó Cabral con contundencia e conta por vitorias os seus partidos en liga regular. Máis rotundo foi o resultado co que o cadete feminino levou os tres puntos de Marín para continuar coma líder.
En infantís, o masculino sumou o primeiro triunfo da campaña ante La Peña. Ó feminino, que encabeza a súa liga, lle tocou descanso. Nesta xornada tampouco xogou o equipo benxamín.
Caeu o O Bocoi alevín masculino A no duelo polo liderato ante o Salnés Futsal B pola mínima. Mesmo destino para o alevín masculino B ante o Saraiba do Mar B.
En prebenxamíns tocaron outros dous choques ante Saraiba do Mar. O “A” venceu na tarde deste luns ó Saraiba B e pecha esta primeira parte do curso con pleno de triunfos en dez xornadas, rematando, por ende, en primeiro lugar. En canto ó prebenxamín B, foi superado polo Saraiba do Mar “A”.
Por último, o biberón A gañou ó Salgueiriños e se mantén segundo, por detrás dun Vilalonga que superou ó noso biberón B.