Fin de semana para rematar algunhas ligas ou fases de Copa nas nosas Escolas Deportivas, así como para encarar o final de tempada que nos agarda entre abril e maio. Resumimos:
Sénior:
- Outro triunfo histórico en Primeira División, pois a falta de cinco partidos, cumprimos o obxectivo inicial de clasificarnos por primeira vez ó playoff polo título. Vencemos en Leganés, repetindo resultado por segunda xornada (6 – 0).
- Vital vitoria do filial ante un rival directo pola permanencia, o Carballiño FS. Estes tres puntos permiten subir un posto, a falta de tres partidos por desputarse, apretando a zona baixa da liga.
- Derrota do sénior masculino en casa do Marín Futsal B. Mala xeira dos nosos mozos nun momento chave do curso, enlazando catro duelos sen gañar, pero con opcións de loitar todavía polo terceiro chanzo e con tres puntos de vantaxe sobre o quinto, que xa non xogaría o playoff de ascenso.
Cadete:
- Empatou o Colexio Sek Cadete Masculino A na pista do Club Labor, equipo que nos segue na táboa. Este punto, con só un partido por diante, serve para certificar o oitavo posto no Grupo Sur de Liga Galega.
- Superou o Cadete Masculino B ó colista, ED Dr. Fleming, e remata campión deste Grupo 3 de Primeira Autonómica con 11 vitorias e 1 empate, sen coñecer a derrota. A próxima semana comezarán a competición copeira.
- Tocáballe descanso ó cadete feminino, coa clasificación asegurada para avanzar na Copa. O seu seguinte partido será en semifinais da Liga Galega ante o Viaxes Amarelle.
Infantil:
- Sen xornada para o masculino, a unha semana de comezar o seu paso pola Copa.
- Triunfo contra a Escola Futsal Morrazo e primeiro posto para o infantil feminino no seu grupo de Copa. Desputará agora os cuartos de final ante o Carballiño FS.
Alevín:
- Ampla vitoria do Bocoi Alevín Masculino A na última xornada de liga ante o Leis Pontevedra. O equipo remata segundo, aínda que empatado a puntos co primeiro, e desputará a fase de ascenso a Liga Galega. Antes, comezará a súa andadura na Copa.
- Xornada de descanso para o Alevín Mixto B, que rematou cuarto no Grupo 2 desta Primeira Autonómica e ó que tamén lle espera o torneo do k.o.
Benxamín:
- Sen partido na última xornada para un benxamín que finalizou o Grupo 2 de Primeira Autonómica en terceiro lugar e, como tantos outros, comezará coa Copa.
Prebenxamín:
- Empate no último partido de liga para o Prebenxamín A en casa do Salcedo. Finiquitan o Grupo 1 de Primeira Autonómica en cuarto posto.
- Vitoria para o Colexio Sek Prebenxamín B na xornada derradeira fronte ó Cotobade. Estes tres puntos fanlles rematar no segundo chanzo o Grupo 2 da Primeira Autonómica.
Biberóns:
- Recuperaron os partidos pendentes os nosos dous equipos, con triunfo para ambos, de forma que finalizan a liga cuns meritorios segundo e terceiro postos, antes de quedar encadrados en distintos grupos para a Copa.