Fin de semana a medio gas en canto ó número de partidos nas escolas deportivas, que contaron con numerosos descansos. Entre os duelos desputados, temos:
Sénior:
- Rematou a xeira de 8 vitorias consecutivas dos mozos cunha derrota por 2 – 3 ante o Arealonga Chapela. O conxunto adestrado por Rafa Caldas cae ó segundo posto, empatado co líder, aínda que o terceiro clasificado conta con só un punto menos e ten un partido pendente de xogar.
- Non puido puntuar o filial feminino en casa do Vilalba, cuarto clasificado da liga. Iso si, debutou na categoría Olalla, infantil de primeiro ano. A formación de xogadoras sempre é o obxectivo.
Cadete:
- Só xogou o masculino A, que gañou por segunda xornada consecutiva, esta vez ante o A Quinta Tui. O triunfo permite manter con vantaxe o oitavo lugar deste grupo sur de liga galega.
Alevín:
- Segunda derrota no grupo para o masculino A, de novo ante o Salnés Futsal B, equipo que agora é líder, pero empatado a puntos connosco.
- Empate para o equipo mixto B en casa do Campo Lameiro no grupo 2 da liga regular.
Benxamín:
- Dobre xornada para os nosos benxamíns. O venres recuperaron o partido adiado da sexta xornada, vencendo ó CD La Peña B. Despois, o domingo, foron superados polo líder, Marín Futsal B.
Prebenxamín:
- Caeu o Colexio Sek Prebenxamín B fronte ó líder, Bueu, sumando as dúas derrotas que levan nesta liga regular de forma continuada.
Biberón:
- Desputouse por fin o duelo polo liderato ante o Villalonga, que rematou con empate. A falta de dúas xornadas, o noso biberón A é segundo e o B, terceiro.