Novas

Resultados 2 – 3 de Abril

Abr 4, 2022

Estreamos o mes de abril con 14 dos nosos equipos citados para competir, aínda que un finalmente non o fixo. O partido do Cadete masculino A foi suspendido por protocolo covid. Outra ausencia é a do Biberón A, ó que lle tocaba descanso.

Oito vitorias, dous empates e tres derrotas é a bagaxe dunha fin de semana moi boa en canto a resultados. Entre os triunfos destacan os de ambos equipos Sénior femininos. En Primeira División volvimos vencer tras dúas derrotas seguidas nos mantemos en postos de playoff polo título. O filial, pola súa parte, venceu ó líder e suma seis vitorias consecutivas. Outro gran triunfo é o do Xuvenil masculino A, que superou ó Emden coruñés e encabeza a loita polo ascenso a División de Honra. Tamén saldaron con vitoria os sus partidos o Cadete feminino, o Infantil feminino e masculino, o Benxamín e o Biberón B.

Con reparto de puntos remataron o Sénior masculino, que racha así coa mala xeira de catro derrotas seguidas, e o Cadete masculino B.

Non puideron sumar ningún punto o Xuvenil masculino B, o Alevín mixto e o Prebenxamín.

A seguir traballando e realizar unha vida deportiva saudable!

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Resultados