Novas

Resultados 20 – 21 Maio 2023

Mai 22, 2023

Dos 17 equipos que compuxeron o club nesta campaña, só oito tiveron competición esta xornada. Mentras que cadete e infantil femininos aínda teñen que desputar a copa, sete son os conxuntos que xa finalizaran o curso, ós que se unen catro máis.

Sénior:

  • Empate no derbi na Raña contra Marín Futsal. Segunda igualada consecutiva e baixamos ó terceiro posto, empatadas con Burela, que será o noso rival na Seca na última xornada de liga regular.
  • Derrota na última data ligueira do filial, fronte ó Terra de Celanova. O equipo consuma o descenso tras unha tempada pelexando pola permanencia en Preferente.
  • Nova remontada e vitoria do masculino ante un rival directo coma o Campito Chapela B, para rematar a liga en terceiro lugar, clasificándose para a fase de ascenso. En semifinais da mesma, verase co campión de Ourense, Vianariño FS.

Cadete:

Infantil:

Alevín:

  • Moi desputada a semifinal copeira, pero quedou en casa do Marín Futsal C, deixando ós nosos mozos sen final, pero co bo sabor de boca do ascenso conseguido en liga.

Biberón:

  • Gañou o biberón A ó Barro CF e clasificouse para a final de Copa, que será contra o Villalonga, campión de liga.
CATEGORÍA: ED Poio