Novas

Resultados 21 – 22 de Maio

Mai 23, 2022

Nove equipos do clube tiveron competición oficial esta fin de semana, con moita emoción entre ligas que se aproximan ó seu peche e fases finais de competicións de base. Imos debullando os resultados:

O sénior feminino de Primeira División empatou a un gol ante a Penya Esplugues. Non se puido poñer a puntilla a unha semana esixente, pero que transcorría á perfección. Este empate, xunto ó enésimo aprazamento de partido para o Melilla, mantén ás de Manu Cossío en cuarta posición, pero perdemos o dereito de depender de nós mesmas cando restan tres duelos para rematar o calendario.

O seu filial desputará todavía o mércores o derbi local ante o CD 7ª9. De vencer, subirían á terceira posición a falta dunha xornada. Por parte do sénior masculino, derrota en casa do Marín Futsal B. Como aspecto positivo, a igualada do CD 7ª9 ante La Peña permite ós nosos non caer á penúltima praza.

Grande nova a volta á vitoria do xuvenil masculino A e ante un rival directo polo ascenso coma o Sport Sala Hércules. Tras tres derrotas seguidas, os perseguidores asexaban ese primerio lugar que dá o ascenso directo á División de Honra. Agora, asemella que será un duelo ante o Santiago Futsal. Quedan tres partidos para rematar.

Acabouse a competición oficial para o xuvenil masculino B ó caer en cuartos de final de Copa Federación na cancha do Castro British School B. A eliminación non empaña en absoluto a grande tempada dos rapaces.

Dúas finais de liga desputaba o noso clube en Santa Comba. O infantil feminino alzouse co título superando ó Viaxes Amarelle e ademais clasifícase para o campionato de España. Sen dúbida, a mellor nova da fin de semana. Non puido facer o propio o cadete feminino, que caeu fronte ó FSF Castro. Enorme traballo igualmente das nosas mozas.

Avanzou a semifinais de Copa Delegación o cadete masculino B tras superar con claridade ó EDM Salceda. A próxima fin de semana, medirase ó Marín Futsal B por un posto na final.

Rematamos coas derrotas d infantil masculino e do prebenxamín en cadansúa semifinal de Copa. Ambos visitaban ó Saraiba do Mar e o equipo de Sanxenxo saíu vencedor. Moi bo ano mozos!

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Resultados