Doce equipos competiron esta fin de semana e a entidade conserveira colleitou nove triunfos. Imos profundizar nelo:
- Pleno en categoría sénior. As mozas de Primeira División gañaron na súa visita ó colista Joventut d’Elx, no primeiro partido da segunda volta. O seu filial tamén venceu na estrea da segunda volta e ante o pechacancelas da súa liga, o Cidade das Burgas B, cunha dramática remonta de tres goles no último minuto. Ademais, curtan unha xeira de cinco derrotas seguidas. O equipo masculino superou pola mínima ó Campito Chapela B e son cuartos, pero a un só punto do primeiro posto.
- En cadetes, derrota do masculino A de Liga Galega en Lourido ante o Maceda, a terceira consecutiva. O masculino B gañou con claridade ó A Paz B e conserva o pleno de triunfos no grupo de 3ª División na Liga Regular de Primeira Autonómica. Por parte do feminino, vitoria por 1-0 ante o Ourense Envialia, que as mantén líderes.
- O infantil masculino recuperou o seu partido adiado da xornada 9, con derrota ante o Cotobade. Para o feminino, novo triunfo ante o Tui Futsal, manténdose líder do grupo Sur da Liga Galega.
- En alevíns, que tamén recuperaron os encontros aprazados da novena data, o masculino A venceu ó Marín Futsal B e remata en terceiro lugar a fase previa, o que os clasifica para o Grupo 1 da Liga Regular. O masculino B caeu ante o Marín Futsal C e acaba cuarto no outro lado da fase previa, polo que queda encadrado no Grupo 2 da vindeira Liga Regular.
- En prebenxamíns, o B tiña que recuperar partido e fíxoo sumando os tres puntos en casa do Sagrado B. Pese a elo, termina en cuarta posición e pasará ó Grupo 2 da Liga Regular.
- En biberóns tamén deixaron a xornada para recuperar duelos suspendidos anteriormente. O noso equipo A venceu por 4-0 ó Pontevedra CF.