Novas

Resultados 22-23-24 de abril

Abr 26, 2022

Excelente fin de semana no clube vermello, que sumou 9 triunfos, 3 empates e ó 2 derrotas entre todos os nosos equipos. Sen dúbida, destaca o 5 – 4 das sénior de Primeira ante o Melilla, co cal se manteñen terceiras, dan un golpe sobre a mesa en canto a autoridade e alonxan ó conxunto norteafricano, ó que superamos por primeira vez. O seu filial segue a todo tren e enlaza a oitava vitoria seguida. Pola súa parte, o masculino empatou ante os veciños do 7a9.

En xuvenís, o masculino A pecha a primeira volta da fase polo ascenso á División de Honra con pleno de triunfos, redondeándoos ó vencer na súa casa ó máximo perseguidor, o Campito Chapela. En caso de consumarse, sería a primeira vez que ascendemos ó máis alto nivel nacional da categoría. 

Entre o resto de partidos destacamos ó cadete e infantil femininos, que desputaron a ida de semifinais polo campionato galego, con empate para as primeiras en casa do Viaxes Amarelle (1 – 1) e vitoria para as segundas en Castro (1 – 2).

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Resultados