A falta do partido do Biberón A, que se xoga mañá (28 de febreiro), estes son os resultados da xornada:
- Sénior:
- Empate das mozas de Primeira División ante o LBTL Futsal Alcantarilla. Aínda que as murcianas son debutantes, mostráronse moi fortes sempre na casa e son sétimas na liga. Segunda igualada consecutiva, pero nos mantemos por detrás do líder, Futsi.
- O filial non desputou partido, xa que o rival que lle tocaba, ADC Lugo Sala, retirouse da competición.
- O masculino gañou por sexta vez consecutiva, logrando a súa mellor xeira da tempada e alcanzando o segundo posto en liga, no derbi poiense ante o CD 7ª9.
- Cadete:
- Táboas do Colexio SEK Cadete Masculino A fronte ó ED Vigo 2015. Este punto racha coas seis derrotas seguidas que acumulaba o equipo, aínda que cae á novena praza.
- No grupo de 3ª División de Liga Regular, o cadete masculino B venceu pola mínima ó Baíña B e asegura manter a primeira posición na xornada que lle toca descansar.
- O feminino volveu golear, esta vez ó Mosteiro Bembrive, e está a un triunfo de proclamarse campioas, cando restan dous partidos.
- Infantil:
- Alevín:
- O masculino A, patrocinado por Bodega O Bocoi, gañou ó Marín Futsal C e se mantén colíder do Grupo 1 de Liga Regular.
- O equipo mixto B caeu fronte ó Marín Futsal B e é cuarto no Grupo 2 de dita liga.
- Benxamín:
- O A3Nudos venceu a domicilio ó Leis Pontevedra, sumando o seu segundo triunfo no Grupo 2 de Liga Regular.
- Prebenxamín:
- O prebenxamín A non puido puntuar en casa do Marín Futsal e, tras tres xornadas, mantén a cero o seu peto do Grupo 1 de Liga Regular.
- O Colexio SEK prebenxamín B, superou con contundencia ó Sagrado CF A e segue líder do Grupo 2.
- Biberón:
- O A xogará este martes o seu partido en Salcedo.
- Pola súa parte, o B perdeu contra o Salgueiriños, pero conserva a terceira posición.