Novas

Resultados 25 – 26 Febreiro 2023

Feb 27, 2023

A falta do partido do Biberón A, que se xoga mañá (28 de febreiro), estes son os resultados da xornada:

  • Sénior:
    • Empate das mozas de Primeira División ante o LBTL Futsal Alcantarilla. Aínda que as murcianas son debutantes, mostráronse moi fortes sempre na casa e son sétimas na liga. Segunda igualada consecutiva, pero nos mantemos por detrás do líder, Futsi.
    • O filial non desputou partido, xa que o rival que lle tocaba, ADC Lugo Sala, retirouse da competición.
    • O masculino gañou por sexta vez consecutiva, logrando a súa mellor xeira da tempada e alcanzando o segundo posto en liga, no derbi poiense ante o CD 7ª9.
  •  Cadete:
    • Táboas do Colexio SEK Cadete Masculino A fronte ó ED Vigo 2015. Este punto racha coas seis derrotas seguidas que acumulaba o equipo, aínda que cae á novena praza.
    • No grupo de 3ª División de Liga Regular, o cadete masculino B venceu pola mínima ó Baíña B e asegura manter a primeira posición na xornada que lle toca descansar.
    • O feminino volveu golear, esta vez ó Mosteiro Bembrive, e está a un triunfo de proclamarse campioas, cando restan dous partidos.
  • Infantil:
    • O masculino logrou a segunda vitoria da liga ante o colista, Campo Lameiro CD.
    • Pola súa parte, o feminino comezou a súa andaina na Copa cun moi amplo triunfo en casa do Tui Futsal.
  • Alevín:
    • O masculino A, patrocinado por Bodega O Bocoi, gañou ó Marín Futsal C e se mantén colíder do Grupo 1 de Liga Regular.
    • O equipo mixto B caeu fronte ó Marín Futsal B e é cuarto no Grupo 2 de dita liga.
  • Benxamín:
    • O A3Nudos venceu a domicilio ó Leis Pontevedra, sumando o seu segundo triunfo no Grupo 2 de Liga Regular.
  • Prebenxamín:
    • O prebenxamín A non puido puntuar en casa do Marín Futsal e, tras tres xornadas, mantén a cero o seu peto do Grupo 1 de Liga Regular.
    • O Colexio SEK prebenxamín B, superou con contundencia ó Sagrado CF A e segue líder do Grupo 2.
  • Biberón:
    • O A xogará este martes o seu partido en Salcedo.
    • Pola súa parte, o B perdeu contra o Salgueiriños, pero conserva a terceira posición.
CATEGORÍA: ED Poio