Novas

Resultados 26 – 27 de Marzo

Mar 28, 2022

Terminou o mes de marzo con competición para 15 dos nosos equipos, cunha bagaxe de oito triunfos, un empate e seis derrotas.

Volvía o sénior feminino tras unha semana de parón e para recuperar o derbi en Burela correspondente á xornada 17, que se saldou cunha dramática derrota no último minuto que prolonga o noso mal fario en Vista Alegre. Tamén caeu o sénior masculino en casa no derbi da ría contra o conxunto marinense de La Peña, cun axustado resultado a favor de quen é o pechacancelas. No apartado de derrotas, engadimos as do Cadete masculino A, Alevín mixto, Benxamín e Biberón B.

O único empate da fin de semana protagonizouno o Xuvenil masculino B, en casa fronte ó Anpabal Magope, segundo clasificado nun grupo de oito no que os vermellos seguen como sétimos na táboa.

En canto ás vitorias, temos as dos seguintes conxuntos: sénior feminino B, Xuvenil masculino A, Cadete feminino, Cadete masculino B, Infantil feminino, Infantil masculino, Prebenxamín e Biberón A. Unha semana máis, destacamos a dos nosos mozos maiores, xa que o xuvenil venceu en Culleredo ó Sport Sala Hércules e aumenta a súa vantaxe no primeiro posto do grupo de ascenso a División de Honor.

Cabe lembrar tamén a volta á competición, nas súas respectivas copas, do Infantil masculino, o Alevín mixto e o Prebenxamín.

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Resultados