O tempo voa e con el vaise xa o primeiro mes do 2023. Repasamos resultados da última fin de semana:
- Entre os maiores, sen xornada en Primeira División pola desputa da Supercopa de España. O filial sucumbíu pola mínima ante a Balona Linense e o masculino superou con claridade ó IES Coruxo B.
- En cadetes, o masculino A caeu en casa do Campito Chapela e pasa polo seu peor momento, do que seguro se recomporá. O masculino B, pola súa parte, mantén impoluta a súa xeira na Liga Regular, impóndose con forza ó segundo clasificado, o CD Miralba. O cadete feminino volveu gañar, na súa visita ó Arealonga Chapela, e segue en primeiro posto.
- En infantís, participación só do masculino, que foi derrotado ante o Leis Pontevedra.
- Comezou a Segunda Fase de competición para os alevíns. O masculino A superou por 5-3 ó Saraiba do Mar B, pero o masculino B caeu fronte ó Marín Futsal D.
- O benxamín, que tamén empezou a Liga Regular, gañou amplamente ó CD La Peña B.
- Os últimos que iniciaron unha nova fase de competición, os prebenxamíns, tiveron unha de cal e outra de area. Derrota do equipo A en casa do CD La Peña e vitoria do conxunto B ante Saraiba do Mar B.
- En biberóns, descanso para o A e triunfo por 3-1 do B ante o Barro CF. Os nosos equipos ocupan os postos segundo e terceiro da clasificación.