Entre final de abril e comezo de maio discurriu a pasada fin de semana, na que obtivemos seis vitorias e oito derrotas. Comecemos a debullar os resultados pouco a pouco.
O sénior feminino de Primeira División caeu en casa do Rayo Majadahonda. Dolorosa derrota ante un rival da zona baixa, aínda que non estivemos ó nivel mostrado ante o Melilla e pagámolo. Pese a todo, mantémonos en postos de playoff. Pola súa parte, o filial segue imparable e venceu en casa do segundo clasificado, enlazando a novena vitoria consecutiva. A pena é que a liga está rematando e vai ser difícil lograr subir algún chanzo máis na táboa. Por outro lado, o sénior masculino perdeu en casa ante un dos candidatos a facerse co título.
En xuvenís, primeira derrota do masculino A na fase polo ascenso á División de Honra. Tras pechar a primeira volta con pleno de triunfos (sete de sete), os vermellos caeron en casa do ED Vigo 2015. De todas formas, mantén os oito puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado. O equipo B comezou a súa andaina na Copa cun triunfo ante o EDM Salceda que lle sitúa como líder.
En cadetes, o feminino iniciou a fase final da Copa gañando en cuartos ó Escola Futsal Morrazo, mentras que o masculino A empezou cunha severa derrota a súa participación copeira ante o Baíña.
En infantís, o feminino segue a estela do cadete e avanza a semifinales de Copa superando con claridade ó Marín Futsal. En cambio, o masculino perdeu ante La Peña na quinta xornada de Copa e deberá asegurar o segundo posto na última data.
Xuntando un pouco máis as seguintes categorías, o alevín mixto saíu goleado da súa visita a Bueu, ó contrario que o benxamín, que gañou nas mesmas terras no seu debut copeiro. Sen embargo, o prebenxamín non logrou superar ó Marín Futsal e será segundo a falta dunha xornada.
Para rematar, derrota do Biberón A fronte ó Indepo e vitoria do Biberón B ante La Peña no seu estreno na Copa (cada un encadrado en cadanseu grupo).