Comezamos a competición en febreiro co seguinte resumo de marcadores:
- Memorable triunfo do Sénior de Primeira División por 1 – 0 ante o líder, Futsi Atlético Navalcarnero, co que ademais nos poñemos en segundo lugar, a dous puntos de dito rival. Non puido dar a sorpresa o filial na súa visita ó FC Meigas, segundo clasificado, caendo por 6 – 1. No masculino, amplo triunfo, 10 – 1, ante o Tui Futsal co que o conxunto vermello se mantén a un punto do líder.
- En cadetes, derrota do masculino A ante o Cios Vigo B coa que prolonga o seu mal momento. O B, por contra, segue convertindo en triunfos os seus partidos na Liga Regular, gañando por 0 – 7 esta vez ó Dr. Fleming en Coruxo. O equipo feminino superou por 5 – 0 a La Peña e mantén a vantaxe no liderado.
- O conxunto infantil masculino empatou ante o Marín Futsal B e suma un punto importante para subir postos. O feminino venceu cun apretado 3 – 2 tamén ó Marín Futsal. O triunfo asegúralle o primeiro posto da competición a falta dunha xornada. Parabéns!
- Caeu O Bocoi alevín masculino A por 2 – 1 na súa visita ó Salnés Futsal B. O alevín masculino B superou por 8 – 4 ó Campo Lameiro e suma o primeiro triunfo na Liga Regular.
- Empate a tres tantos do benxamín mixto en casa do Marín Futsal B. Ambos equipos encabezan a clasificación.
- Xornada de descanso para o prebenxamín A e empate a catro goles en Bueu do prebenxamín B.
- En biberóns, dobre triunfo dos nosos máis pequenos xogadores ante Saraiba do Mar e La Peña.