Novas

Resultados 4 – 5 Marzo 2023

Mar 6, 2023

O mes de marzo comeza con dez partidos para os equipos do club, menos do habitual debido ás xornadas de descanso e a un enfrontamento adiado. Así se resume a fin de semana:

 

Sénior:

  • Vitoria en Primeira División para as futbolistas de Luis López-Tulla ante o colista, Teldeportivo. Chegan a este parón de liga (para a desputa da Eurocopa) en segundo lugar e rachan coa mala xeira de tres partidos seguidos sen gañar.
  • Derrota pola mínima do filial ante o Fisober, un dos candidatos o título. Boas sensacións pese a non sumar, aínda que se cae ó penúltimo posto coa cuarta pérdida consecutiva.
  • Triunfo do sénior no Príncipe Felipe fronte ó UD Estrada, último clasificado. Tras 21 xornadas, os nosos mozos sitúanse no primeiro chanzo.

Cadete:

  • Derrota do masculino A na súa visita a Celanova, colíder da liga. Mantense en 9ª posición, pero a zona baixa aprétase máis.
  • Descanso para o masculino B.
  • Ampla vitoria do feminino ante o colista, Barro CF, coa que aseguran o primeiro lugar do grupo sur de Liga Galega a falta dunha xornada. Tras finalizala, xogarase a Copa e, por último, definiranse as campioas de Galicia entre os grupos norte e sur de liga. O noso rival en semifinais será o Viaxes Amarelle.

Infantil:

  • Caeu por só un gol o infantil masculino en Carril ante o Salnés Futsal.
  • Pleno de puntos para o infantil feminino nas dúas xornadas desputadas de Copa, ó superar esta vez ó Marín Futsal.

Alevín:

Benxamín:

Prebenxamín:

  • Primeiros puntos para o prebenxamín A no Grupo 1 de Liga Regular tras vencer ó SCD Salcedo.
  • O prebexjamín B superou na súa casa ó Cotobade e segue colíder do Grupo 2.

Biberón:

  • Non houbo duelos para as nosas escadras máis pequenas. O biberón A adiou o seu partido fronte ó líder, Vilalonga, ó próximo xoves. Pola súa parte, o biberón B tiña xornada de descanso.
CATEGORÍA: ED Poio