Imos co resumo da nosa Escola Deportiva nunha fin de semana de descanso para as mozas de Primeira División, xa que se disputou a fase final da Copa da Raíña en Ourense (que levou o Burela por cuarto ano consecutivo).
O sénior feminino B superou pola mínima ó Tenorio, o seu antecesor na táboa, logrando a décima vitoria seguida. A falta de dúas xornadas, o equipo pelexará por chegar, cando menos, ó terceiro posto. En cambio, o masculino caeu en casa do IES Coruxo B e se lle achega o seu perseguidor pola 13ª praza.
En xuvenís, segunda derrota consecutiva do A, que está pasando por un baixón, pero mantén cinco puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado. O B logrou gañar e medirase polo primeiro posto do grupo de Copa a próxima fin de semana ante o Anpabal Magope.
En cadetes, o feminino venceu na volta de semifinais ó Viaxes Amarelle e desputará a final por proclamarse campión galego ante o FSF Castro. Por parte dos masculinos, o A perdeu ante o Marín Futsal C e queda sen opcións de avanzar na competición copeira, mentras que o B empatou ante o Marín Futsal B e xogarase o primeiro posto na última xornada.
Novas inmellorables en infantís, co pase á final pola liga do feminino, tras gañar de novo e eliminar ó FSF Castro. Na final agarda o Viaxes Amarelle. O masculino, pese a perder ante o Marín Futsal C, mantén o segundo lugar e avanza a semifinais de Copa.
Xuntamos agora tres categorías que finalizaron os seus grupos de Copa esta semana. O alevín mixto conseguíu pechar cun meritorio triunfo a súa participación, malia non lograr avanzar de rolda. En cambio, o prebenxamín gañou en Salcedo e pasa coma segundo clasificado. No tocante ós dous equipos biberóns, descansou o A e non puido puntuar o B, tamén na parroquia pontevedresa de Salcedo. Neste caso, había tres grupos cuxos campións avanzaron a unhas semifinais que completamos nós, que rematamos con ambos equipos en segundo chanzo.
Pechamos o repaso de resultados co benxamín, que venceu a domicilio ó Marín Futsal B e asegura, a falta dunha xornada, o seu pase de rolda na Copa.