Concluíu a primeira fin de semana de competición para o club no novo ano, marcada polos adiamentos de varios partidos da base.
Debullando marcadores dende riba, atopámonos co triunfo do sénior feminino no Derbi da Ría ante o Marín Futsal, co cal se manteñen en terceira posición e elevan a xeira de vitorias seguidas a doce. Sen embargo, o seu filial non foi quen de puntuar no recibimento das veciñas do Cidade de Pontevedra á pista de Lourido. En canto ó sénior masculino, tampouco logrou traer ningún punto da súa viaxe á cancha do Pecheches vigués.
Pasando a categoría cadete, o masculino A todavía non entrou en materia, mentras que ó B lle tocaba xornada de descanso. Si xogou (e venceu) o feminino ante a EFS Morrazo, mantendo así a segunda posición, a dous puntos do líder.
En infantís, o partido do masculino foi suspendido polo mal estado da superficie de xogo. O feminino venceu ó Ourense Envialia e segue encabezando a competición.
En alevíns, ambos partidos foron suspendidos polo mesmo motivo que en infantís.
O equipo benxamín foi derrotado ante La Peña, nun dos encontros que si se desputaron ó poder moverse ó pavillón do colexio de Lérez, en Pontevedra.
Por último, ambos choques dos prebenxamíns foron aprazados, xunto co do Biberón A. Si xogou o Biberón Sek, que gañou en Salcedo.