Moi preto de xogar dúas finais estivo o noso equipo Alevín Feminino, que completou unha magnífica tempada rendindo a alto nivel nas súas dúas competicións.
A liga dividiuse en dous grupos: Norte (10 equipos) e Sur (4 equipos). As xogadoras conserveiras venceron os seus seis partidos con claridade e 53 goles a favor e só 1 en contra. Por tanto, clasificaron á semifinal ligueira contra o segundo do grupo 1, O Parrulo Ferrol. As de Ferrolterra, con moita máis rodaxe ó disputar o triplo de enfrontamentos no seu grupo, impuxéronse a penaltis logo de empatar a tres goles.
Na Copa, o conxunto dirixido por Manuel Alonso Rial e Alberto Porto Vidal iniciou a súa andaina en cuartos de final fronte ó Ourense CF, ó que superou por 8 – 2. De novo, na semifinal, interpúxose no camiño O Parrulo. Na súa pista (a diferenza de en liga, cando xogamos na Seca), perdemos por 2 – 1, dando por finalizada a tempada.