Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Benxamín A

Mai 15, 2024

O equipo patrocinado polo Restaurante A 3 Nudos, en Combarro, finalizou a súa campaña o 11 de maio ó non lograr avanzar a semifinais da Copa.

O inicio do curso fíxoo nunha fase previa de liga na que estaba tamén o Benxamín B e outros doce conxuntos, desputando un partido contra cada un. Con 8 vitorias e 5 derrotas, terminaron na 6ª posición, clasificando desta forma ó grupo 1 da segunda fase ligueira (facíano os sete primeiros).

Inmersos no ano 2024, entre marzo e abril, remataron en 5º lugar nesta nova e máis breve liga, tamén a partido único con cada rival e na que o campión accedía ós cuartos de final do Campionato Galego Benxamín.

Por último, na copa, superou en primeira rolda (da que estivo exento o Benxamín B) ó Salnés Futsal B, colista do grupo 2, mentras que foi vencido polo Marín Futsal, campión do grupo 1, nos cuartos de final.

Moi boa actuación do vestiario adestrado por Francisco Abollado Vidal, xogador do Sénior, axudado por Aroa Pérez Bugallo, formando ás nosas novas promesas.

CATEGORÍA: ED Poio