Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Benxamín B

Mai 14, 2024

O equipo Benxamín B, patrocinado en exclusiva polo Restaurante O Peirao, en Combarro, finalizou a súa tempada o pasado domingo ó caeren eliminados en cuartos de final de copa.

Antes, desputou unha liga de 14 equipos (do 22 de outubro de 2023 ó 18 de febreiro de 2024) que serviu como fase previa na zona de Pontevedra. Con 5 vitorias e 8 derrotas, terminaron en 9ª posición, polo que fueron encadrados no Grupo 2 da segunda fase, formada polos sete conxuntos que remataron máis abaixo. Nesta nova competición non podían coincidir dúas escadras do mesmo club, por iso, a ADFS Bueu (5ª) está neste grupo e o Leis Pontevedra (10º), no primeiro.

O equipo de Ale de Paz, axudada por Bea Mateos, concluíu esta segunda parte de liga en terceiro lugar con 4 triunfos e 2 duelos perdidos.

Por último, no torneo de copa, o noso benxamín B enfrontouse á ADFS Bueu en cuartos de final (ambos equipos saltaron a primeira rolda, con 12 conxuntos). O rival, 5º na fase previa e 2º no grupo 2 da segunda fase, superou ós nosos benxamíns por 7 – 1, poñendo fin á súa tempada.

Gran traballo o realizado por todo o equipo, lembrando que a estas idades a competición está nun segundo ou terceiro plano.

CATEGORÍA: ED Poio