Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Biberón

Mai 8, 2024

O segundo dos nosos equipos en rematar a competición foi o de máis corta idade, o Biberón.

Encadrados na liga de Pontevedra xunto a outros cinco equipos (o Villalonga retirouse antes de comezar), os nosos pequenos e pequenas puideron gozar do fútbol sala dende o 29 de outubro de 2023 ata o 25 de febreiro de 2024. Con 11 puntos, finalizaron en 4º lugar, se ben é certo que neste caso, os resultados son anecdóticos e o que importa é que desfruten e aprendan os valores do deporte.

Despois, do 10 de marzo ó 4 de maio deste ano, desputaron a Copa. No seu grupo terminaron terceiros con dúas vitorias e catro derrotas, polo que non lograron clasificar para unhas semifinais que enfrontarán por un lado ó Pontevedra CF co Barro CF e, polo outro, ó Saraiba do Mar co CD La Peña.

Dende o club tan só podemos agardar que o pasaran moi ben e queiran seguir formándose neste benquerido deporte.

CATEGORÍA: ED Poio